Saltar ao contido principal

Hostaleiros e provedores, conectados dun xeito novo.

Pedidos, catálogo e stock entre o bar e o seu provedor, nunha soa plataforma. Sen chamadas nin papeis.

Melloramos o día a día dos hostaleiros

Pide a todos os teus provedores desde unha lista, controla o stock con avisos de mínimo e esquécete dos albarás en papel.

  • Todos os teus pedidos nunha lista
  • O teu stock, sempre baixo control
  • Dixitaliza os albaráns
  • Descobre provedores preto
Ver Denak para hostaleiros

Melloramos o día a día dos provedores

Recibe os pedidos dos teus clientes ordenados, co teu catálogo e as túas tarifas, e adiántate ao que van necesitar.

  • Pedidos entrantes ordenados
  • O teu catálogo nunha pantalla
  • Os teus clientes, na túa ficha
  • Ves cando se lles acaba
Ver Denak para provedores

Preguntas frecuentes

Non atopas a túa resposta? Escríbenos e respondémosche nós.

Escríbenos

É unha videochamada duns 20 minutos. Vemos como traballas hoxe, ensinámosche Denak con exemplos reais e dicímosche con sinceridade se che encaixa.

A beta é gratuíta. Cando lancemos a versión final avisaremos con tempo do prezo e nunca che cobraremos sen avisar.

Non. Denak funciona no navegador do móbil, a tableta ou o ordenador. Se queres, podes gardar o acceso directo na pantalla de inicio.

Non pasa nada. Mételo como "provedor externo" e pídelle desde Denak cunha mensaxe que se lle manda por WhatsApp ou correo. O teu historial queda igual.

Seguen sendo teus. Denak axúdache a xestionalos mellor; non chos quita. Ti escolles que hostaleiros aceptas e con que tarifas.